Administra tu Fotolog

¡Crea tu Fotolog Ya! Fácil y Gratis

Irlanda semana1 el comienzo

Irlanda semana1 el comienzo

HINO GALEGO

1. O Hino galego e o sistema cultural de Galicia. O Hino é o símbolo acústico mais solemne e transcendental de Galicia como comunidade política. Como un producto da cultura galega, reflexa o ambiente social e cultural de Galicia, como un dos seus mais importantes testimonios. É un Hino que, dende a súa estrea en 1907, pasou por moitas vicisitudes, dende a prohibición absoluta, en tempos de restricción espiritual e expresiva, ata a permisividade total, sen obstáculos nin censura, pasando por situacións intermedias, moitas veces ambiguas, nas que se tolerou a súa práctica, pero interpretado como unha canción mais dentro do rico folklore galego. Xurde en “La Habana”, froito do espíritu organizador dun linotipista emigrante, polo que, ó igual que a Bandeira* e o Escudo*, está vinculado ó espíritu creador da Galicia emigrante. É o único símbolo galego que non foi contestado ou criticado, polo que esperta a adhesión de tódolos medios nacionalistas e rexionalistas e de persoas que non se distingan por un excesivo celo centralista.

Galicia é rica en símbolos acústicos ou sonoros de tipo ideolóxico e político. Os berros ou gritos son moitos e utilizanse con frecuencia, tanto en festas típicas, como en actos patrióticos. Algúns destes berros teñen efecto rubricante, para rubrica-la culminación dun acto político, como «¡Terra a Nosa!» ou o de «¡Galicia ceibe!». Mais que gritos ou berros de identificación e de adhesión e proselitismo son instrumentos de afirmación e de profundización no espíritu comunitario que se vive nese momento no banquete no acto político ou cultural. Pode ser utilizado como medio de contestación, cando se atopan elementos de dúas forzas totalmente diferentes, na que unha se distingue polo seu acusado centralismo e non acepta os símbolos de Galicia. Poden ser utilizados, tamén, como divisas especiais, para distingui-la emoción que desperta calquer aspecto cultural de Galicia.

Algúns berros, gritos ou divisas son anteriores á elaboración e estrea do Hino. No s. XIX utilizaronse algúns moi específicos, sobre todo por Alfredo Brañas, interesado na creación dunha simbólica política para o rexionalismo galego. ¡Surge et ambula!, explicao no seu discurso nos Xogos Florais de Tui, porque esas palabras dos Evanxeus serán o lema das nosas libertades

Ver/Escribir ComentariosTags
Licencia : © Copyright: No se permite la reproducción de las Fotografías sin permiso del autor
Irlanda semana 0

Irlanda semana 0

Esta foto quiere ayudar la primera semaa que pasé en Irlanda y aqui voy a escribir lo que me salga de las narices, que para esto es mi blog
Map Ver Mapa | Tags